Avsnitt
-
(3:14) Os mellores ceos do mundo para a observación astronómica están en perigo. Os observatorios do deserto de Atacama están a piques de quedar cegos. Conversamos con Pedro Sanhueza, experto en contaminación luminosa, consultor independente e ex-xefe da Oficina de Calidade do Ceo do Norte de Chile.
(18:04) O proxecto europeo "Waste2Biocomp" emprega bacterias alimentadas con augas residuais da industria cervexeira para producir bioplásticos para a súa conversión en fibras téxtiles, calzado e envases. Belén Montero (CITENI-UdC) participa neste proxecto microencapsulando axentes antimicrobianos para crear envases activos e analizando a biodegradación dos distintos prototipos.
(47:27) Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo. -
Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo.
-
Saknas det avsnitt?
-
(2:46) Hai relación entre a dor menstrual e a incomodidade co teu corpo? Usar o sostén fai que caian os peitos? A nosa sexóloga de cabeceira é Laura Veiga.
(10:43) Rutas polos nosos dolmens con Maite Vente de Observer, Turismo Cientifico.
(15:12) Solución de "Onde está Conchi Lillo?"
(18:56) A día de hoxe o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade segue a ser incomprendido pola sociedade. Conversamos coa psicóloga Claudia Balado da Instituto Galego do TDAH e trastornos asociados (Fundación INGADA). -
Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro "A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san"
-
[4:54] En "Cambio de fase" Daniel Pizarro reseña a banda deseñada Logicómix.
[21:44] Fátima Garcia Doval vén de publicar "Psicomitos" -
Segunda parte da sesión Efer Piano Bar gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi.
-
[Versión estendida] Efer Piano Bar Sesión 1 gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi. Eva Poveda, directora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, debúllanos o achado do ano da revista Science, un fármaco inxectable que protexe contra a infección do VIH cunha única punción cada 6 meses.
-
Asistimos á X edición do Astrogalicia, a festa galega da astronomía, que tivo lugar en Arzúa.
(1:42) A betanceira Alba Fernández Barral é a xefa de comunicación do experimento que vai medir os raios cósmicos máis enerxéticos do universo, o CTAO. Rubén López Coto é investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía e emprega intelixencia artificial para clasificar os sinais dos telescopios Cherenkov. O enxeñeiro Alejandro Cardesín é membro da Sociedade Europlanetaria e procura agrupar, xunto coa astrofísica Ana Ulla, a todos os galegos que traballan en ciencias espaciais.
(29:12) Vén de nacer a Asociación Galega de Astrofotografía Polaris. Conversamos con Alejandro Rodríguez, Manuel Brioso e Leticia Pereira.
(44.16) Dosi Veiga é o organizador dos Astrogalicia, pero o culpa de que rematese en Arzúa é de Miguel Sánchez. Acompáñanos tamén Martin Pawley. -
(1:50) A Real Academia Galega publica os nomes oficiais de 600 especies de aves. Este é o resultado de anos de traballo entre terminólogos e ornitólogos. Conversamos con Manuel González, director do dicionario da RAG, e os ornitólogos Cosme Damián Romai e Xosé Manuel Penas Patiño.
(31:15) Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanitarias da Organización Médica Colexial. Con ela falamos sobre como detectar e loitar contra as pseudoterapias. -
(3:34) Conchi Lillo fálanos desde un lugar secreto na nosa sección "Un libro, un autor, un lugar"
(5:48) Repasamos a actualidade aeroespacial con Wicho.
(21:48) Conversamos coa neurocientífica Conchi Lillo sobre mitos relacionados coa visión ao fío do seu libro "Abre os ollos" -
(2:56) Os orgasmos alivian a dor menstrual? Explícanolo Laura Veiga.
(16:02) Asistimos ao IV Encontro Oportunius e conversamos con Carmen Cotela (directora de GAIN) e o investigador do CIQUS Manuel Souto.
(26:23) Xurxo Ayán e Carlos Otero estudan desde a arqueoloxía os prostíbulos abandonados de Galicia. Os restos materiais cóntannos historias de explotación que poñen un espello á nosa sociedade. -
Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanitarias da Organización Médica Colexial. Con ela falamos sobre como detectar e loitar contra as pseudoterapias.
-
Programa especial desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "As aventuras de José Rodríguez e dous franceses" en directo coas voces de Avelino González, Caxoto, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Xabier Pérez Couto.
(44:48) Conversamos con David Ballesteros e Quantum Fracture (José Luis Crespo) sobre o festival. Coñecemos algúns dos premiados dos Prismas 2025: Antonio Martínez Ron e Virginia Luzón.
(53:58) Unha espontánea sobe ao escenario e ponse ás teclas do marabilloso piano Steinway do Teatro Colón. -
Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.
-
(3:09) No espazo dedicado á Axencia Galega de Innovación GAIN coñecemos a futura ampliación do CESGA, o Centro de Supercomputación de Galicia
(9:12) No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicación audiovisual.
(35:09) Damos a solución de onde estaba Carlos Briones.
(37:27) Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno. -
[Versión estendida] No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro e licenciado en comunicación audiovisual.
-
Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un mojito. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de "Hijos de Rivera", e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.
-
Do mércores 13 ao venres 15 de novembro terá lugar a primeira edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Quamtum Fracture (José Luis Crespo), Laura Morán, Xurxo Mariño, Deborah García Bello, Xurxo Ayán, Tamara Pazos,... Tamén haberá teatro con Julio Montañana e a estrea en galego do espectáculo “A Chispa Máxica”, música con Germán Díaz e gravación con público de Efervesciencia.
Conversamos co organizador do festival, David Basllesteros de Ceo Aberto, que ofrece aos oíntes 100 entradas de balde. Para conseguir un código de desconto tes que escoitar a entrevista a Ballesteros ou tamén o podes atopar na nosa canle de Telegram, https://t.me/efervescentes
https://coruñacomunicaciencia.es/ -
Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de "A bordo de tu curiosidade". Hai pistas na conversa, no podcast e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00.
-
(3:25) Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de "A bordo de tu curiosidade". Hai pistas na conversa e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00.
(5:07) Susana Ladra debullamos o Nobel de física 2024
(16:01) Carlos Briones é poeta, escritor, divulgador e investigador científico no Centro de Astrobioloxía-CSIC. Vén de publicar "A bordo de tu curiosidad". Conversamos con el sobre citas científicas, virus, microbiota, vida extraterrestre,...
(34:57) Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un *mojito*. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de "Hijos de Rivera", e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA. - Visa fler