Avsnitt
-
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Suso Vila ao redor dunha das familias nobres máis importantes do mundo medieval; os Soutomaior.Nobres da sona de Pedro Álvarez de Soutomaior, pertenceron a esta familia. Tamén descubriremos como se relacionaban os nobres cos monarcas nesta época e a construcción de todo un mundo nobiliar.
-
Neste novo episodio de Descifrando a Historia falamos con Serxio María dun dos pensadores máis destacados do galeguismo: Ramón Piñeiro. Os temas tratados foron moi variados, desde o seu compromiso con Galicia ata a súa ideoloxía. Que pensaría Ramón Piñeiro do Estatuto actual?Comparte e dálle ao gústame, só así será posible que se continúen facendo este tipo de podcast!
-
Saknas det avsnitt?
-
Neste 80 episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Perfecto Ramos Rodríguez para coñecer unha figura moi pouco coñecida entre todos nós: Joaquín Vaamonde Cornide, un afamado pintor que chegou a ter moito éxito mais que unha enfermidade o levou por diante cando apenas contaba con 30 anos.
-
Santiago de Compostela, a capital galega, é unha cidade que rezuma historia por todas as esquinas. Unha das últimas peculiaridades da cidade foi estudada pola historiadora Aldara Cidrás: os rótulos dos locais son únicos. De que nos pode falar? Que di de nós?Dálle ao gústame e comparte se queres que este podcast se siga realizando, depende de ti!
-
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Heitor Pocallo, especialista en heráldica, para que nos narrase as orixes e evolucións do noso escudo ao longo da historia. Altamente recomendable!Comparte e dálle ao gústame para que se sigan facendo este tipo de podcast!
-
A finais do s.XX e xa en democracia había dúas posibilidades para o galego: a norma isolacionista e a norma reintegracionista. Finalmente optouse pola isolacionista e hoxe queremos explicar o porque, os seus protagonistas e demais cuestións que nos fan preguntar, porque falamos e escribimos así o galego?
-
Fai uns meses descubríronse unha serie de cousas moi importantes no Castro de Soutolobre-Lourido, tanto, que engaden á investigación histórica novos interrogantes. Por iso, desde Descifrando a Historia quixemos saber máis sobre o mesmo e a súa contorna, e para iso contactamos co director da escavación, o cal nos aportou máis luz e datos da importancia deste castro.
-
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos co filólogo Souto Cabo para coñecer as orixes do noso idioma. Cando se comezou a falar en galego? E a escribir? Todo iso e máis neste trepidante episodio no que desciframos as orixes de algo moi noso.Comparte e dálle ao gústame, está na túa man que o proxecto continúe!
-
Neste 75 episodio de Descifrando a Historia falamos con Aurora Marco de Carmiña Sierra, a primeira muller socia do Seminario de Estudos Galegos. Cunha vida moi comprometida con Galicia e a liberdade, merece a pena escoitar o que foi a vida desta muller nada en Pontecesures e exiliada en Venezuela para que o franquismo non a perseguise.Se che gustou dálle a gústame e comparte, só así é unha forma de agradecer este traballo, grazas!
-
As dúbidas con respecto a existencia do Reino de Galicia na Idade Media asáltannos constantemente. É por iso que buscamos respostas antes especialistas no tema. Fai meses foi o historiador Andrade Cernadas e hoxe tócalle a Francisco Rodríguez. Ambos recoñecen a súa existencia pero hai diferenzas en canto aos aspectos concretos dese reino. Atentos e desfrutade. Dádelle ao gústame e compartide coas vosas amizades
-
Neste episodio 72 de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Natalia Jorge Pereira para saber máis do contrabando na raia entre Portugal e Galicia. Un tema moi interesante do cal temos bastante información pero que nos queda por saber moitas cousas. Se che gustou dalle ao gústame e comparte só así nos farás crecer e que se sigan facendo podcast da nosa historia
-
Roma intentou minguar o poder da sé compostelá porque lle preocupaba que seguise crecendo... ou iso afirma o noso invitado de hoxe o profesor Henrique Egea. Falamos de todo o que envolveu este tema e as consecuencias irreversibles que tivo na nosa terra, Galicia.Dálle ao gústame e comparte para facernos crecer!
-
No s. XVII, un inquisidor de Crecente, coñecido como Gregorio Lobariñas intentou publicar unha historia de Galicia en galego. Coñecido como As Galegadas, foi a Madrid ata dúas veces para que lle desen o visto e prace. Por cuestións do destino non a puido publicar pero deixounos constancia de que, as elites cultas de Galicia, empregaban o galego máis que para uso oral. Pode ser o inicio a reformular o de Séculos Escuros.
-
Juana de Vega deixou un legado que merece a pena coñecer. De ideas progresistas cunha estancia na corte real, e exiliada xunto co seu marido debido a temas políticos. Forma parte desa Coruña das mulleres do século XIX que fai falla reivindicar. Se che gustou comparte! Fainos crecer!
-
Neste 65 episodio do podcast falamos con José Carlos Sánchez Pardo, arqueólogo e historiador, ao redor dun documento único que temos en Galicia: o Parroquial Suevo. Este documento aporta moita luz á hora de estudar unha das etapas máis importantes da nosa historia: o Reino Suevo. Realmente apaixonante. Neste breve panorámica vas saber o básico que se debe ser deste tema. Se che gustou, comparte!
- Visa fler