![axouxere](https://is1-ssl.mzstatic.com/image/thumb/Podcasts115/v4/61/95/14/61951445-b3be-1ab3-52e5-22e8e47524d9/mza_17979310229378068339.jpg/250x250bb.jpg)
O falangullo axóuxere é o programa semanal dirixido por Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández no que falaremos das últimas novas, debatiremos e escoitaremos moitas sensibilidades diferentes dende un punto de vista moi propio.
O programa conta xa con 4 tempadas repletas de contido e de momentos históricos cheos de emoción e significado. Non planeamos un fin para o proxecto e tampouco o realizamos con ánimo de lucro, se non como unha aposta por ofrecer unha alternativa informativa e de debate na rede e na nosa lingua.
Xa que o programa ten un formato bastante dinámico e, no que tentamos sempre falar dos temas de rigurosa actualidade, non podíamos por outro nome mellor ca o Axóuxere. Que mellor metáfora para representar o debate sobre temas de actualidade ca un xoguete no que o único obxectivo é axitalo para que este produza son?