Avsnitt
-
Nun contexto no que a desigualdade entre ricos e pobres se convertiu nun dos grandes desafíos da nosa época, falamos moito de como repartir a riqueza pero non tanto de como creala. O asunto non é secundario para un país como Galiza, que nas últimas décadas viu pechar ou deslocalizar algunhas industrias históricas e, con elas, moitos postos de traballo. As start-ups innovadoras son en moitos casos un flotador de salvación e a oportunidade para crear novos sectores productivos moi vinculados ás novas tecnoloxías. En Galiza, existe unha interesante rede de empresas deste estilo pero aínda estamos lonxe doutros hubs de start-ups peninsulares como Málaga, Valencia ou o Porto. Que fai falla daquela para convertirnos nun polo innovador? Neste episodio trataremos de responder a esa pregunta coa axuda de Miguel Varela, CEO e co-fundador da start-up Teimas e membro da directiva da asociacion Start Up Galicia; Julio Martinez, xestor de proxectos de Cluster Galego Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga); e Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e coordinador do grupo de investigación sobre Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento (ICEDE).
-
Cando falamos de alternativas á banca tradicional, é habitual misturar conceptos e confundir, por exemplo, a banca ética coas cooperativas de crédito ou as seccións de crédito dunha cooperativa. O abano de ofertas que nos ofrecen estas finanzas con vocación máis social é moi amplo e non sempre é doado entender as diferenzas. Neste episodio tratamos de debullar que tipo de entidades podemos atopar os usuarios do estado español e cales son as súas principais características.
-
Saknas det avsnitt?
-
No podcast desta semana exploramos algunhas das formas de finanzas cooperativas que existen en Galiza, no resto do estado, e tamén no Reino Unido. Cooperativas de crédito, mutuas ou seccións de crédito son alternativas que, no sector das finanzas, operan con outros valores e criterios distintos aos da banca tradicional.
Falamos con:
Tony Greenham - director executivo de South West Mutual Bank
Xavi Teis - responsable de comunicación de Coop57
Antón Insua - coordinador técnico de Coop57 Galiza
Marta Vázquez Dopico - directora xerente da Cooperativa O Val -
No último Té con Gotas falamos de macrogranxas e de posibles alternativas de producción de alimentos.
Tivemos a oportunidade de contar con tres entrevistados que, desde o noso punto de vista, achegaron perspectivas moi interesantes.
Para profundizar máis no tema, neste Té Sen Gotas queremos publicar a conversa íntegra que tivemos con Edelmiro López Iglesias, profesor de economía aplicada na USC, especializado en política agraria. -
O último affaire ibérico coas macrogranxas pode pasar á historia dos manuais de Ciencia Política e Xornalismo como un bo exemplo de que, ás veces, hai polémicas que saltan aos medios a lombos das fake news ou, como mínimo, declaracións terxiversadas. Malia iso, o episodio puxo sobre a mesa o debate sobre a sustentabilidade deste tipo de grandes explotacións gandeiras nun mundo cada vez máis asediado polos efectos da crise climática. Neste programa tratamos de analizar que son as macrogranxas, que impacto ambiental e socioeconómico ten este modelo, cal é a súa presenza real en Galiza e que posibilidades habería de prescindir deste xeito industrial de producir carne e apostar por explotacións máis sostibles. Para achegar algo de sentidiño ao debate falamos co profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e experto no ámbito da economía agraria Edelmiro López Iglesias, coa secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, e co xerente da cooperativa cárnica dos Ancares ‘A Carqueixa’, Román Sánchez.
-
Neste Té sen Gotas falamos con Miguel Penas, expresidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL) e membro do actual Consello da entidade, que nos falará dunha experiencia profesional recente que tivo no mercado portugués, traballando para unha empresa galega que buscaba vender servizos de administración dixital a compañías do país veciño.
Na súa opinión, o galego facilita moito a aprendizaxe do portugués e a comunicación cun lusoparlante, aínda que considera que para se desenvolver en contextos máis formais é necesario aprender a gramática, léxico e fonética de xeito máis académico. -
Neste Té sen Gotas publicamos completa a nosa entrevista con Enrique Sáez, exdiretor xeral do Banco Pastor, e presidente da Fundación Juana de Vega e do grupo Torres & Sáez, unha compañía galega especializada na distribución de equipamentos industriais e ferramentas.
Nela fálanos de como descubriu a utilidade do galego para abrir novos mercados en Portugal durante a súa etapa como directivo do Pastor e danos a súa opinión sobre a importancia de ensinar portugués na escola.
Os anacos da conversa con el que publicamos no Té con Gotas da pasada semana semella que tiveron moito éxito, así que aquí vai a gravación completa. -
Desde a aprobación da lei Paz Andrade no 2014, o ensino de portugués no sistema educativo galego foi aumentando e hoxe chega a 5000 estudantes, pero, é suficiente? Estamos aproveitando todo o potencial que ten a proximidade do galego e o portugués?
Falamos co secretario xeral de política lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, co vicepresidente da Associação Docentes de Português na Galiza, Luís Figueroa, e co empresario e ex-director xeral do Banco Pastor, Enrique Sáez Ponte. -
A semana pasada, no Té con Gotas, falamos das cooperativas de vivenda en cesión de uso. Un modelo moi establecido en Dinamarca e que está a gañar adeptos en Catalunya. Pero unha cousa que nos quedou no tinteiro foi falar do financiamento e das relacións coas entidades de crédito.
Neste Té sen Gotas volvemos falar con José Téllez, de Sostres Civic, e con Xosé Manuel Marcote, de Galca Solucións Habitacionais para que nos conten as dificultades que teñen para acceder a liñas de crédito. -
No podcast desta semana analizamos a experiencia das cooperativas de vivenda en cesión de uso, un modelo de vivenda social que leva décadas poñéndose en práctica en países como Dinamarca e que no Estado español comeza a dar os seus primeiros pasos en Barcelona. Para comprender esta experiencia e entender algo mellor o mercado da vivenda no Estado falamos con José Téllez, un dos portavoces da cooperativa de vivenda catalana Sostre Civic, con Andrei Quintiá, investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) especializado na área das políticas públicas de vivenda, e con Xosé Manoel Marcote, xestor de Galca Solucións Habitacionais, unha xestora galega de cooperativas de vivenda.
-
A semana pasada dedicámoslle un programa completo á cuestión do "retrofitting", é dicir, da rehabilitación enerxética. Para este Té Sen Gotas, queremos pararnos un pouco máis na relación entre un programa ambicioso de modernización do parque de vivenda e o "community wealth building", un concepto do que tamén falamos hai unhas semanas.
Ademais, revisitamos as propostas da New Economics Foundation para entender que outras opcións máis aló das axudas directas se poden usar para fomentar que os propietarios renoven as súas vivendas. -
Esta semana falamos do concepto de "retrofit", é dicir, da rehabilitación de vivenda para mellorar a súa eficiencia enerxética. Este tema, que pode parecer moi seco, é unha porta aberta para reducir de xeito significativo as emisións de CO2 e, ao mesmo tempo, aforrar na factura da luz e crear milleiros de postos de traballo.
Conversamos con Aydin Dikerdem, do think tank británico New Economics Foundation, e coordinador dunha campaña para promover un programa masivo de modernización da vivenda no Reino Unido. Ao outro lado do Atlántico entrevistamos a Elena Ampudia, decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. -
Esta semana falamos do Community Wealth Building, un modelo de desenvolvemento local que continúa a colleitar éxitos aló onde se pon en práctica. A grosso modo, esta estratexia busca frear a concentración da riqueza nos grandes centros urbanos e financeiros, promovendo o gasto público en pequenas e medianas empresas locais e apostando por unha economía máis democrática a través do cooperativismo e outras modalidades de propiedade comunitaria. Para coñecer máis polo miúdo en que consiste este modelo, falaremos con Sarah McKinley, unha das portavoces do think tank Democracy Collaborative, que nos contará como comezaron a apostar por esta estratexia en Cleveland. No Reino Unido, conversaremos con Rachel Bentley, directora asociada do think tank Centre for Local Economic Strategies (CLES), que tamén nos porá ao día do Modelo Preston, un vello coñecido do noso podcast. Con todo, tamén nos preguntamos que marxe de manobra temos en Galiza para poñer en marcha estas propostas. Para responder a esa pregunta, parolaremos co profesor de Dereito Administrativo e secretario xeral da Universidade da Coruña (UDC), Carlos Aymerich.
-
No Té sen Gotas desta semana queremos afondar na idea da semana laboral de catro días a través do caso de dúas empresas privadas que tiveron moita repercusión na prensa: o da neozelandesa Perpetual Guardian e o da catalana Desigual. A primeira, que comezou a ensaiar con este modelo aló por 2018, foi un exemplo de como reducir horas de traballo sen recortar salarios, en diálogo cos traballadores e aumentando a productividade. Desigual, que aínda non puxo en funcionamento a xornada reducida, optou en cambio por rebaixar as nóminas lixeiramente, ofrecendo menos flexibilidade aos empregados que non queiran acatar a nova semana e facendo menos esforzos por chegar a un acordo cos representantes dos traballadores.
-
Comeza a nova etapa do Té con Gotas. A primeira gran idea da que imos falar é da proposta da semana laboral de 4 días. Viaxamos a Islandia da man de Jack Kellam, un investigador do think tank británico Autonomy, que escribiu un inform sobre o proxecto piloto de redución de xornada que fixeron na illa nórdica. Tamén falamos con Andrés Tarascó, CEO de Tarlogic, unha empresa de ciberseguridade con sede en Teo que está experimentado cunha semana laboral de 4 días.
-
Este é o último programa da etapa británica do Té con Gotas. Non só pechamos tempada, senón que cando volvamos despois do verán, farémolo con outro formato non tan centrado na actualidade do Reino Unido.
O programa de hoxe está dedicado a facer memoria e lembrar o que aprendimos con este proxecto, os nosos programas favoritos e tamén reflexionamos sobre as ideas que nos gustaría levar a Galiza. -
No podcast de hoxe analizamos os resultados da by election de Chesham and Amersham, un feudo tradicional dos conservadores no que, contra o que anticipaban todas as enquisas, gañaron os liberal demócratas. Despois das últimas victorias tories en zonas laboristas, semellaba que os de Boris eran practicamente imparables en Inglaterra. É posible contentar ao electorado das zonas máis deprimidas do país ao tempo que se mantén o apoio do electorado conservador de toda a vida? Tamén falaremos da elección que se celebrará nas próximas semanas en Batley and Spen. Trátase dunha área historicamente laborista pero na que desta volta se xuntan varios factores que poden facer dela un cocktail totalmente imprevisible. Ademais, faremos un anuncio importante sobre o futuro do noso podcast despois desta terceira tempada que está a piques de acabar. Escoita, porque queremos contar coa túa opinión!
-
Estes días celébrase en Cornualles o cumio do G7 e, para disgusto de Boris Johnson, un dos temas a tratar é o conflito entre a Unión Europea e o Reino Unido por mor do comercio de mercadorías en Irlanda do Norte. É o que na prensa británica bautizaron como “sausage war”, a guerra das salchichas.
-
Esta semana facemos un pouco de historia e revisamos a privatización do ferrocarril británico que tivo lugar a principios dos 90. Tamén entrevistamos ao maquinista do metro de Londres, Carlos Barros.
-
No podcast desta semana comentamos as implicacións políticas das recentes eleccións locais en Inglaterra e das lexislativas en Escocia e Gales. Centrámonos no impacto dos resultados nun debilitado Partido Laborista e dunha unión de nacións tamén nunha situación precaria.
- Visa fler